Friday 03 de May de 2024

Mercedes Rosón recorda que as competencias en materia de vivenda son da Xunta, quen aínda non definiu o concepto de “vivenda baleira”


A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, cualifica de “medida imposible” e “mostra pública de descoñecemento” a proposta do candidato do Partido Popular á alcaldía de Santiago de que sexa o Concello o que xestione os alugueiros das vivendas baleiras. Para Rosón, esta “nova idea, xurdida con urxencia, “mostra de novo a súa incapacidade e descoñecemento das necesidades e solucións que necesita Compostela”.

Recórdalle a concelleira de Urbanismo que “primeiro, como todo o mundo sabe, nas políticas de vivenda, a capacidade legal e económica, é exclusivamente da administración autonómica, da Xunta de Galicia”. Engade que “despois de 14 anos de nula de política de vivenda, agora, por mero afán electoral, atrévese a propor medidas imposibles. Resulta totalmente escandaloso”.

“E segundo”, continúa Mercedes Rosón, “porque esa mostra pública de descoñecemento e incapacidade na que fala de vivendas baleiras e incongruente co goberno da Xunta, que foi incapaz de definir na última década o concepto de vivenda baleira. Como vai xestionar algo que nin xiquera él é a Xunta de Galicia son incapaces de definir?”

“En resumo”, continúa, “o Señor Verea”, cunha candidatura que “actúa aos dictados da Xunta de Galicia”, “mostra de novo a súa incapacidade e descoñecemento das necesidades e solucións que necesita Compostela”. Fronte a isto, conclúe Mercedes Rosón, “o goberno socialista de Xosé Sánchez Bugallo ten moi claro como debe articularse a vivenda pública. Fixémolo no pasado, creando máis de 2.000 vivendas públicas e volverémolo facer no próximo mandato, porque a vivenda é un dereito que nós defendemos e defenderemos sempre”.